OS DOCES SOAN A JAZZ
Aínda que pareza
incrible, a música pode influír na elección e no sabor dos alimentos.
Segundo un estudo, os
alimentos pódente gustar máis ou menos dependendo da música que esteas a
escoitar de fondo. Por exemplo: O Jazz pode provocar maior gusto polos
alimentos doces e este efecto chega a aumentar cando a melodía é interpretada
por un solista.
Un alimento pode
parecer máis doce cando escoitamos un son agudo ou baixo. Pola contra, cos
graves e altos percíbese máis o salgado, amargo ou condimentado.
Nesta relación entre
a música e a percepción dos sabores podería existir un grao de sinestesia, é
dicir, unha habilidade pouco común coa que as persoas experimentan sensacións a
partir de determinados estímulos externos.
As melodías tamén
poden chegar a provocar recordos. Temos como exemplo disto a declaración dun
chef británico, o cal afirma que pon melodías mariñas á hora de servir platos
como mariscos ou peixes, o cal crea unha sensación nos comensais que fai que
estes sintan gran frescor no produto á hora de inxerilo.
Damián Pombo, 1ºBAC - A
Comentarios
Publicar un comentario