OS TRIHALOMETANOS NA AUGA DA BILLA
Estes primeiros días do ano, saíu nos medios de comunicación
unha noticia que relacionaba a auga da billa co aumento dos casos de cancro de
vexiga. Os responsables disto parecen ser os chamados trihalometanos (THM) ou
derivados haloxenados do metano. Estes compostos prodúcense no proceso de
potabilización das nosas augas de bebida, en concreto na cloración. A
cloración é un proceso necesario para eliminar os principais microorganismos
causantes de doenzas infecciosas que se transmiten pola auga, é máis, debe
quedar tamén unha pequena cantidade de cloro residual para que a auga chegue polas
tubaxes con garantías sanitarias aos nosos fogares.
Os THM son compostos volátiles polo que poden
absorberse por vía oral, inhalatoria ou dérmica, así que velaí van uns
consellos para diminuír os niveis na nosa auga da billa:
ü Enche nunha xerra de vidro a auga e déixaa
aireando un tempo antes de bebela.
ü Quecer a auga para cociñar elimina os THM..
ü Non pases moito tempo na ducha, porque ademais de aumentar a exposición, a hidratación vasodilata e favorece a entrada destes compostos (e de moitos máis como cremas e medicamentos) no corpo.
ü Non pases moito tempo na ducha, porque ademais de aumentar a exposición, a hidratación vasodilata e favorece a entrada destes compostos (e de moitos máis como cremas e medicamentos) no corpo.
Lembra que beber a auga da traída sempre é unha opción máis saúdable e ecolóxica que consumir gran cantidade de auga envasada en botellas de plástico.
Mª JOSÉ FIGUEIRA (profesora de Bioloxía e Xeoloxía)
Mª JOSÉ FIGUEIRA (profesora de Bioloxía e Xeoloxía)
Comentarios
Publicar un comentario